Páginas vistas en total

miércoles, 9 de marzo de 2011

ESPAZOS NATURAIS
A expansión da actividade humana e a ocupación de ecosistemas naturais con encoros, vías, portos, recheos, minas... ameazan o noso planeta; o ozono diminúe, o efecto invernadoiro incide no cambio climático e na desertización,...
A nosa conduta pode mellorar os ecosistemas do entorno e, por tanto, tamén a calidade de vida de moitos outros seres vivos.
Desde o IES de Brión queremos contribuir, recordando os principais espazos naturais de Galicia, que ademais de facer da nosa terra un fermoso lugar, contan con multitude de especies únicas que deben ser protexidas e valoradas.
Faremos un recordatorio dos espazos naturais máis importantes de cada provincia:

A CORUÑA:
  • Fragas do Eume
  • Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
  • Illas Atlánticas (parque natural)
  • Esteiro do Tambre
  • Monte e lagoa de Louro
  • Costa da Morte
  • Cabo Vilán
  • Costa de Dexo e Seixo Branco
  • Betanzos-Mandeo
  • Costa Ártabra
  • Ría de Ortigueira e Ladrido
  • Estaca de Bares
  • Encoro de Cecebre
  • Xuvia-Castro
  • Serra do Careón
  • Río Anllóns
  • Sistema fluvial Ulla-Deza
  • Lagoa de Sobrado
  • Serra do Barbanza
LUGO:
  • Reserva da biosfera: Terras do Miño
  • Parga, Ladra, Támoga
  • Cova do Rei Cintolo
  • Serra do Xistral
  • Montemaior
  • Ancares
  • Cebreiro
  • Caurel
  • Cruzul Agüeira
  • Ría do Eo e río Eo
  • Carballido
  • A Marronda
  • Negueira
  • Río Cabe
  • Canón do Sil
  • As Catedrais
  • Ría de Foz - Masma
  • Río Ouro
  • Río Landro
  • Souto da Retorta de Chavín
  • Monte Faro
  • Canón do Miño
  • Río Sil
OURENSE:
  • Baixa Limia- Serra do Xurés
  • Pena Maseira
  • Pena Trevinca
  • Serra de Enciña de Lastra
  • Macizo Central
  • Serra do Invernadeiro
  • Souto de Rozabales
  • Bidueiral de Montederramo
  • Pena Veidosa
  • Veiga de Ponteliñares
  • Río Támega
  • Canón do Sil
  • Tambolosríos
  • Serra do Suído
  • Serra do Faro de Avión
  • Serra do Candán
PONTEVEDRA:
  • Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas
  • Complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, lagoa Bodeira e Punta Carreirón
  • Enseada de San Simón
  • Cabo Udra
  • Costa da Vela
  • Illas Estelas
  • A Ramallosa
  • Baixo Miño
  • Río Tea
  • Monte Aloia
  • Lagoa e gándaras de Budiño
  • Río Lérez
  • Sistema fluvial Ulla-Deza
  • Sobreirais do Arnego
  • Fraga de Catasós
  • Brañas de Xestoso
  • Serra do Candán
  • Serra do Cando
  • Monte Faro
  • Serras do Suído e do Faro de Avión
  • Río Umia
  • Costa de Baiona- A Guarda
Falaremos dalgún destes espazos naturais, centrándonos no tema escollido polo IES de Brión para o curso 2010/2011, que é " Os bosques".

martes, 8 de marzo de 2011

A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA

Aínda que non se trata dun espazo natural protexido, empezaremos falando da carballeira de Santa Minia, pola proximidade que supón.
Aí queda unha fermosa foto:

Resulta fermosa en calquera época do ano, pero para aqueles que non a coñezan, poden aproveitar a ocasión de desfrutala nas festas de  Santa Minia, a finais de setembro.

martes, 1 de marzo de 2011

FRAGAS DO EUME

A área protexida abrange unha superficie de 9.125 ha nos vales do Eume e algún dos seus afluentes, entre o límite das provincias da Coruña e Lugo e o límite da influencia dos mares na parroquia de Ombre en Pontedeume, a Serra da Loba.
O río Eume, eixo do parque natural, nace na vertente sur da Serra do Xistral, atravesa a Depresión das Pontes e logo encáixase entre rochas graníticas e xiastos,con fortes pendentes, para finalmente formar a ría de Ares. O Eume e os seus afluentes forman vales profundos, conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza, cunha gran diversidades de especies animais e vexetais. Podemos atopar diversidade de ecosistemas.
Á riqueza e diversidade biolóxica hai que engadirlle a beleza da paisaxe, con boas vistas panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas.
No interior está o Mosteiro de Caaveiro, fundado no século X, cunha igrexa románica do século XII.
As Fragas do Eume son uns dos bosques mellor conservados da Galicia, e un dos máis importantes de Europa pola riqueza e variedade de especies.
As especiais condicións das Fragas do Eume favorecen a sobrevivencia de varias especies relictas do Terciario.
TIPO DE PROTECCIÓN
Parque natural creado en agosto de 1997 Declarado Espazo Natural en Réxime de protección Xeral, proposto para a Rede Natura 2000. Sempre figurou no catálogo de lugares de interese natural de Galiza, no primeiro inventario feito pola ICONA e nas Normas de Planeamento Provincial. Está proposto para Reserva da Biosfera.

A Marronda


TIPO DE PROTECCIÓN: Declarado espazo Natural en Réxime de Protección Xeral, proposto para a Rede Natura 2000. Comtemplado nas Normas Complementarias e Subsidiarias da Xunta.
É unha fraga autótona de tipo montañoso situada na conca alta do río Eo, no comezo das serras Orientais. A fraga cobre a ladeira norte do Monte da Marronda e os vales do río Martín e Souto. Nas proximidades, fora do espazo protexido, están a fraga do Carballal Grande ou de Monte Grande en Estornín, e a fraga de Ribón no lugar de Sollío.
As árbores máis comúns na fraga son: carballos, capudres, abeleiras, bidueiros, carbas, acivros, maceiras bravas, pereiras bravas, faias... Nas zonas máis baixas e próximas ás poboacións hai castiñeiros e pradairos. No soutobosque hai uz branca, arandeira, estripeiro, sanguiño, hedra, piorno, xesta, herba salgueira, silvas, fentos...
Nas beiras dos rios: ameneiros, salgueiros, freixos, bidueiros, pradarios, hedras, fentos machos e femia, dentabrú, blechno...

martes, 22 de febrero de 2011

CARBALLIDO





Tipo de protección: Declarado espazo Natural en Réxime de Protección Xeral, proposto para a Rede Natura 2000.
Contemplado nas Normas Complementarias e Subsidiarias da Xunta.
A fraga de Reigados está protexida polo concello da Pontenova.
Carballido ocupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes do Eo.


O ambiente é sombrío e húmido. As árbores máis comúns son os carballos, carbas (Quercus petrae), bidueiros, freixos, acivros, capudres, pereiras bravas, estripos, cereixeiras, teixos, algún lamagueiro... e nas zonas próximas ás poboacións, soutos
de castiñeiros, nogueiras e piñeiros de repoboación. Na beira dos ríos hai tamén anieiras e salgueiros. Nas partes altas hai mato de breixos e carqueixas. O soutobosque está formado por arandeiras, xilbarbeira, herba salgueira, silva, fentos, onfalodes, herba chaveira, leiteira, roseiras...
A fauna é a característica das fragas húmidas: píntega común, saramaganta, pintafontes (común, palmado e verde), sapos (comadrón e común), rá vermella, lagartixas, (da serra, galega e dos muros), cobras, etc.

NEGUEIRA

TIPO DE PROTECCIÓN
Declarado espazo Natural en Rexime de ´Protección Xeral, proposto para a Rede Natural 2000.
Espazo de 4.558 ha no concello de Negueira de Muñiz. O seu punto mais alto e o Busbeirón, con 11.286m. O monte Penas Apañadas esta situado ao sur do Porto de Acebo facendo fronteira con Asturias.
Nos arredores das poboacions cultivanse vides e asrbores froiteiras.
A parte dos montes etá cuberta dun mato de uces e nas partes mais baixas de toxo,xesta e algun erbedo. N a ladeira do Monte Mouro medra en bosque de cerquiños e piñeiros . Nas partes secas pódense ver sobreiras Nas proximidades das poboacions hai soutos de castiñeiros.

viernes, 18 de febrero de 2011

ILLAS CÍES


Añadir leyenda
Protección: Parque natural desde 1980. Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
Espazo Natural de Réxime de protección Xeral ,proposto para a rede Natura 2000.
A Consellería de Pesca ten prohibida a pesca submariña neste espazo desde 1992.




A vexetación arbórea primitiva é residual. Foi desprazada pola repoboación con piñeiros bravos e de Monterrey, eucaliptos e especies ornamentais.O máis importante da flora das Cíes son as especies costeiras tanto de cantil como de duna,entre as que se atopan especies de gran interese ecóloxico e algúns endemismos. O mato está formado por toxos ,carpazas, xestas mansas, esparragueiras, anxélicas, caléndula algarbiensis, abrótegas, xilbarbeiras, silvas, troviscos...
O máis destacado da fauna terrestre das Cíes son as aves mariñas.

Illas de Ons




Protección: Declarado refuxio de caza. Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral. Forma parte do LIC, proposto para a Rede Natura 2000, "Complexo Ons-O Grove". É unha ZEPA ( Zona de Especies Protección para as Aves).
A Illa de Ons esta situada frente á Ría de Pontevedra.
A vexetación arbórea orixinal só se conservan algúns salgueiro e estripos. Algunhas zonas están repoboadas con piñeiras e eucaliptos. Nos cantís hai herba de namorar, perexil do mar, fento mariño, colexas... e nas dunas feo, eiruga mariña, correola das praias, leiteira, alhelí, cebola das gaivotas...

MONTE ALOIA















Protección: Foi declarado sitio natural de interese nacional no 1935 e parque natural no 1978.
Está situado ao sur da serra do Galiñeiro, no concello de Tui ( Pontevedra). O parque ten unha extensión de 746 ha.
A vexetación do Monte Aloia é na súa maioría de plantación, destaca polo número de especies forestais e ornamentais alóctonas. En 1910 comezou a repoboación do monte con piñeiros (do país, silvestre e de Monterrey) e establecéronse diferentes árbores exóticas ( acacias, cedros, alciprestes, pinsapos, eucaliptos...).
Abonda a vexetación arbustiva de toxo, breixo, xesta e carpaza. Nas beiras de ríos e regatos consérvanse amieiras, salgueiros, freixos, espadainas, violetas, esfagnos.

Esteiro Do Tambre


Este espazo protexe parte do curso do río Tambre (desde o cruce co Sionlla en Trazo até Oroso) e parte dos seus afluentes: Lengüelle (cos seus afluentes Mercurín e Cabrón), Samo Maruzo (co seu afluente o Gaiteiro) o Mera e o Sionlla. Ocupa 152 ha nos concellos de Tordoia , Ordes, Mesía, Trazo, Orozo, Frades, Santiago de Compostela e O Pino.


No río podemos atopar diversos biotopos en función da forza da corrente.Nas zonas máis chas fórmanse illas entre as que hai canles de auga remansada. Nestes lugares os bosques de ribeira acadan maior extensión e riqueza. Nas zonas chas de auga remansada a vexetación é mais abundante e nas zonas de corrente so viven nas beiras.
O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens ,un cabalo do demo en perigo de extinción en toda europa.
Ao longo do curso o Tambre e os seus afluentes conséranse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, abeleiras, sabugueiro, sanguiños, carballos...
Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da auga e das zonas húmidas: fento, brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño,
amenta de auga,amarelle,ranúnculos, oucas, pe de boi, reina, adelfiña, herba centella, espiga de auga...



CARNOTA-MONTE PINDO

TIPO DE PROTECCIÓN:
Espazo Natural en Réxime de protección Xeral, proposto para a Rede Natura 2000.
A Praia de Carnota está incluída nas Normas Complementarias e Subsidiarias da Xunta de Galiza.
CARACTERISTICAS:
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais con espectaculares formacións.
Os ecosistemas son variados: monte baixo, bosque autóctono e bosque de repoboación. Tanto nas dunas como no Monte Pindo pódense atopar especies botánicas de grande interese , algunhas, como o carballo anano do Pindo, única localización coñecida en Galiza.
O monte Pindo ten o seu punto máis alto no Pico da Moa (627m).
A vexetación denominante é o monte baixo de toxo, xunco con uces e xesta. Aparecen esporadicamente algúns carballos, acivros e loureiros. Nalgunhas zonas repoboouse
con eucalipto, piñeiro marítimo e piñeiro de Monterrey. Consérvase unha poboación de carballo anano unica en Galiza. Pódense atopar especies de plantas pouco comúns como Centaurea corcobionensis, Eryngium jurensianum e Fritillaria pyenaica.
IMAGENES:




OS ANCARES - O CAUREL

TIPO DE PROTECCIÓN
Declarado espazo Natural en Réxime de Protección Xeral, proposto para a Rede Natura 2000.
______________________________________________________________________

É un espazo eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan os dous mil metros de altura. Os Ancares conservan importantes valores xeolóxicos (vales glaciares), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas) e etnográficos. Na actualidade o uso principal das terras é o agrícola e gandeiro con algunhas explotacións minerais. O sistema Ancares-Caurel ten unha riqueza de flora e fauna pola súa situacion límite entre as áreas bioclimáticas Norte Europea e Mediterránea. Predominan os bosques de acivros. A escuridade que hai no interior destes bosques impide o desenvolvemento de calquera outro vexetal. Os acivros son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos.




BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS

TIPO DE PROTECCIÓN:

Foi declarado Parque Natural no 1992. Incluído nas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento. Declarado Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral, proposto para a Rede Natura 2000, Incluíndo a Serra da Pena.

INFORMACIÓN:

O Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés ocupa 20.920 ha no suroeste da provincia de Ourense nos concellos de Etrimo, Lobios e Muíños, lindando con Portugal e unido ao Parque Nacional Portugués da Peneda-Gerês. Enténdese polo tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e as serras que o rodean: polo noroeste as estribacións das serras do Laboeiro e os Montes do Quinxo, e polo sur-sureste as serras de Santa Eufemia, do Xurés e do Pisco.

CARACTERÍSTICAS CLIMÁTICAS:

As caracterísicas climáticas da zona de transición entre a zona atlántica e a mediterránea, dan lugar a unha gran riqueza florística . As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos dan lugar a unha ampla variedade de ecosistemas de gran riqueza biolóxica: bosques da ribeira, bosques da montaña, monte baixo ...

A maior parte do terreo está cuberto por un mato de uces, xestas, toxos e carqueiras acompañado de piñeiros de repoboación. Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, erbedos, e loros ou acereiros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza da maceira brava.
Hai numerosas especies endémicas: lirio do Xurés.